Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisada unha embarcación e 525 quilos de semente de mexillón na ría de Pontevedra

Comisada unha embarcación e 525 quilos de semente de mexillón na ría de Pontevedra

A actuación desenvolveuse na contorna da Illa de Onza e foi froito dun traballo conxunto entre a Unidade Operativa de Pontevedra e a Unidade Operativa dos Servizos Centrais

Xunta Xunta
G24.gal 07/05/2026 19:53

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, levou a cabo un operativo de control e vixilancia na ría de Pontevedra que rematou co comiso dunha embarcación e de 525 quilos de semente de mexillón extraída de forma irregular.

A Xunta explica, nun comunicado, que esta actuación se desenvolveu na contorna da Illa de Onza e foi froito dun traballo conxunto entre a Unidade Operativa de Pontevedra e a Unidade Operativa dos Servizos Centrais. Os axentes contaron co apoio da patrulleira 'María Figueroa' e da embarcación auxiliar do buque multipropósito 'Sebastián de Ocampo'.

Durante os labores de inspección, os efectivos autonómicos detectaron a actividade irregular e procederon a levantar unha acta de presunta infracción. Alén dos 525 quilos de neno de bivalvo, os gardacostas incautaron unha embarcación auxiliar e outros útiles empregados habitualmente para raspar a semente das rocas.

Desde o departamento autonómico lémbrase que a extracción e comercialización irregular de produtos do mar prexudica gravemente o labor dos profesionais que traballan respectando a normativa legal vixente, á vez que supón un risco para a saúde e para a sustentabilidade dos ecosistemas mariños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade