Cargando resultados...
Comezan a retirar a duna de Riazor
Os traballos rematarán ao longo da semana

G24.gal
16/05/2022 14:47
As praias urbanas da Coruña tamén comezan a prepararse para recibir os bañistas polo que cómpre retirar a tempo a duna de area instalada no inverno para protexer o paseo marítimo da forza dos temporais.
As máquinas comezaron esta maña a retirar a area, polo que ao longo desta semana as praias do Orzán e Riazor poderían recuperar xa a súa imaxe habitual.