Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Son un insulto á intelixencia", di o dono dun coche incendiado en Tui sobre as taxacións do seguros

"Son un insulto á intelixencia", di o dono dun coche incendiado en Tui sobre as taxacións do seguros

Dez días despois do incendio de 21 vehículos en Tui, os propietarios intentan volver á normalidade e buscan mercar outros vehículos

G24.gal 30/03/2023 14:43

A marca dos 21 coches incendiados segue presente nas rúas de Tui. Os afectados agardan noticias das aseguradoras mentres empregan os coches de aluguer facilitados polo concello.

José Antonio Suárez, dono dun coche queimado, explica que teñen "un coche que nos puxo o Concello de alugueiro e estamos tirando para adiante".

Algúns propietarios xa recibiron as taxacións dos seus coches, pero non todos están conformes.

"As ofertas que están a facer os seguros son un insulto á intelixencia. Co teu coche tiñas o problema de mobilidade solucionado, pero co que acostuman dar non solucionan o problema", apunta Manuel Freiría Pérez, propietario doutro dos coches incendiados.

O avogado que atende case todos os afectados estuda esas valoracións para ver se emprenden outras accións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade