Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o xuízo contra Íñigo Errejón, que está acusado dun delito leve de maltrato

Comeza o xuízo contra Íñigo Errejón, que está acusado dun delito leve de maltrato

O motivo da agresión, segundo o denunciante, foi a insistencia do home en fotografarse co deputado

G24.gal 25/01/2022 07:54

O Xulgado de Instrución Número 16 de Madrid celebra este martes o xuízo contra Íñigo Errejón, líder de Más País, por un delito leve de maltrato. Está acusado por, supostamente, propinar unha patada a un home, na rúa, en Madrid, o pasado mes de maio.

O motivo da agresión, segundo o denunciante, foi a insistencia do home en fotografarse co deputado. A condición de aforado de Errejón non impide que sente no banco dos acusados ao tratarse dun delito leve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade