Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o Rally da Coruña con polémica e o liderado de Víctor Senra cun WRC

Comeza o Rally da Coruña con polémica e o liderado de Víctor Senra cun WRC

Iván Ares quedou a catro segundos, igualado con Alberto Otero e Alberto Meira

Hai polémica entre Víctor Senra e Alberto Meira porque compiten tres WRC

G24.gal 15/03/2024 16:53 Última actualización 15/03/2024 18:53

Todo se vai decidir nos treitos do sábado. Esta mañá celebrouse o treito espectáculo en Culleredo. O shakedown. Víctor Senra investiu un minuto e corenta e oito segundos en catro quilómetros. Iván Ares, a catro segundos, igualado con Alberto Otero e Alberto Meira.

Hai polémica entre Víctor Senra e Alberto Meira. E todo porque no Rally de Coruña compiten tres world rally car. Tres potentes vehículos. Senra ía participar con esta máquina e cun coeficiente corrector. Pero o regulamento indica que se hai tres coches desta natureza desaparece ese coeficiente do 0,80, hai tres. Porque Víctor Senra encargouse de que haxa tres.

Senra: "O tema abúrreme. O que queira que compre un, é fácil"

Meira: "Son entre un e dous segundos máis rápidos por quilómetro. Víctor ten tres, e fóra"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos