Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico intenso no primeiro retorno da operación Semana Santa, que remata este luns

Tráfico intenso no primeiro retorno da operación Semana Santa, que remata este luns

O operativo complétase o Luns de Pascua nas comunidades autónomas onde é festivo: Cataluña, Valenciana, Navarra, País Vasco e A Rioxa

Segundo o balance provisional da DXT, dende que comezou a campaña faleceron polo menos 22 persoas na rede viaria española

G24.gal 20/04/2025 08:32 Última actualización 20/04/2025 21:39

Este domingo comezou oficialmente o primeiro retorno da operación Semana Santa 2025. A partir de media mañá, comezou a rexistrarse unha alta densidade de tráfico en zonas turísticas. Xa pola tarde, foise trasladando ás principais vías de entrada dos grandes núcleos urbanos.

As maiores complicacións comezaron ás 11:00 horas e prolongaranse ata a medianoite. Durante toda a xornada, Tráfico puxo en marcha medidas especiais para facilitar o regreso.

Segundo o balance provisional da Dirección Xeral de Tráfico, dende que comezou a campaña faleceron polo menos 22 persoas na rede viaria española. Houbo 21 accidentes mortais, seis menos dos rexistrados no mesmo período do ano pasado.

Luns festivo

O retorno complétase o Luns de Pascua nas comunidades autónomas onde é festivo: Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco e A Rioxa. Agárdanse retencións nas vías principais destas rexións e nos accesos desde provincias limítrofes.

A franxa crítica volverá ser de 11:00 a 24:00 horas. Ademais, no resto do país tamén se producirán desprazamentos de retorno, impulsados polo inminente reinicio das actividades escolares e universitarias.

A operación especial Semana Santa 2025 concluirá oficialmente ás 24:00 horas do luns 21 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade