Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o MUMI, a cita da industria musical galega e portuguesa

Comeza o MUMI, a cita da industria musical galega e portuguesa

Tui e Valença acollen o V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal con 12 showcases de bandas

G24.gal 12/09/2024 13:09

Comeza na Eurocidade Tui-Valença a quinta edición do MUMI, unha iniciativa que procura propiciar o coñecemento e a interacción entre as músicas dunha e doutra banda do Miño.

Arredor de 200 profesionais cítanse ata o vindeiro domingo en Músicas do Minho que presenta 12 showcases de bandas e artistas de Galicia e Portugal. Os d´Abaixo, Su Garrido Pombo ou Ruxe Ruxe, entre outros, presentan os seus últimos traballos neste encontro que ten un carácter profesional, un mercado para a industria, mais tamén é un festival aberto ao público con propostas gratuítas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar