Comeza o desembarco Chévere no seu 35 aniversario
O 23 volven as 'Ultranoites' ao Liceo de Noia. 'Fillas Bravas' estará na Sala Ártica de Vigo en outubro
Preparan unha mostra con material inédito da Sala Nasa e Kalandraca publicará un libro coa súa traxectoria
'Curva España' e 'Nevermore' son os espectáculos que representarán en novembro e decembro
Trinta e cinco anos de traballo son os que leva xa o grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014. Un aniversario que queren celebrar con diferentes espectáculos, entre eles a Ultranoite, o formato que con tanto éxito popularizaron na Sala Nasa de Santiago nos anos noventa.
Pero o Desembarco Chévere non é o único que lles teñen preparado aos seus seguidores. Tamén traballan nunha exposición con material inédito da Sala Nasa e nun libro que publicará a Editorial Kalandraka resumindo a súa longa e prolífica traxectoria profesional.