Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza en Galicia a vacinación contra o papiloma nos mozos de ata 21 anos

Comeza en Galicia a vacinación contra o papiloma nos mozos de ata 21 anos

Amplíase a idade de vacinación dos 18 aos 21 anos nos varóns

Covadonga Castro, xinecóloga do CHUS, destaca a importancia de vacinar os homes, xa que o virus está relacionado con certos tipos de cancro

G24.gal 26/05/2025 12:30

A Xunta reforza a partir deste luns a estratexia de inmunización fronte ao virus do papiloma humano en varóns. A idade de administración da vacina contra a doenza pasa dos 18 aos 21 anos.

Con esta medida, o obxectivo da consellería de Sanidade é vacinar a uns 24.500 mozos, os principais transmisores da doenza.

A inmunización contra o virus do papiloma humano comenzou a administrarse en 2022 aos nenos de 12 anos. Dende o ano pasado, a reciben os varóns de ate 18. E de agora en adiante, amplíase o rango de idade ate os 21, polo que pasarán a recibir a inmunización os mozos nados en 2004 e 2005.

Nas nenas a vacina adminístrase dende o 2008 entre os 12 e os 18 anos.

Covadonga Castro, xinecóloga do Hospital Clínico de Santiago, explica que esta vacina protexe ás mulleres de certos tipos de cancro de útero. A doutora destaca a importancia de vacinar tamén aos homes, xa que o virus tamén pode provocarlles outras variantes da doenza. 

Covadonga Castro, xinecóloga no Hospital Clínico de Santiago.

Para vacinarse contra o papiloma pódese pedir cita nos centros de saúde ou a través da páxina web e a aplicación móvil do Sergas. Os sanitarios ofreceranlle tamén a vacina ás persoas susceptibles de recibila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade