Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas vacinará contra o virus do papiloma os mozos de ata 21 anos a partir do luns

O Sergas vacinará contra o virus do papiloma os mozos de ata 21 anos a partir do luns

Sanidade lanzará unha campaña nos centros de saúde para fomentar a inmunización contra este virus

O índice de adherencia a esta vacina sitúase no 100 % nas nenas e no 93 % nos varóns

G24.gal 20/05/2025 10:44 Última actualización 20/05/2025 19:52

O Servizo Galego de Saúde empezará a vacinar desde o vindeiro luns mozos de ata 21 anos contra o virus do papiloma humano (VPH), co que espera inmunizar 24.500 homes nados en 2004 e 2005.

Segundo anunciou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nunha comparecencia no pleno do Parlamento, os propios mozos ou as súas familias poderán solicitar a cita para a vacina contra este virus no seu centro de saúde, pero tamén se lanzará unha campaña para fomentar a inmunización.

A vacinación contra o virus do papiloma humano iniciouse en 2008 para as nenas e en 2022 incorporouse aos homes, desde os 12 anos, cunha adherencia do 100 % en mulleres e unha cobertura do 93 % en homes, polo que "sabendo da efectividade da vacina queremos seguir dando pasos", avanzou o conselleiro.

A vacina intranasal administrarse nos colexios

O conselleiro de sanidade informou ademais de que a ampliación da vacina intranasal contra a gripe ata os 11 anos, que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou no debate sobre o estado da autonomía do pasado mes de abril, administrarase tamén directamente nos colexios, a través dun programa piloto cunha "autorización previa" dos proxenitores.

Na súa comparecencia no Parlamento, o conselleiro de Sanidade indicou que Galicia asinou un acordo "pioneiro a nivel mundial" para adquirir as vacinas de alta carga en función da súa efectividade. "Buscamos impulsar un sistema de adquisición de vacinas que teña resultados", dixo Gómez Caamaño no Pazo do Hórreo.

Na vindeira campaña a Xunta amplía a poboación diana á que se subministra esta vacina reforzada contra a gripe. Dispensarase aos maiores de entre 70 e 79 anos.  O Goberno galego destina 1,1 millóns de euros máis a esta campaña de inmunización, co obxectivo de chegar das 320.000 persoas inmunizadas con esta vacina ás 540.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade