Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a temporada de furanchos na área de Pontevedra

Comeza a temporada de furanchos na área de Pontevedra

No furancho de Sara en Marcón abriron a principios de febreiro

O furancho de Sara na parroquia de Marcón
G24.gal 27/02/2025 19:03 Última actualización 27/02/2025 20:08

E comezou xa a tempada de furanchos na área de Pontevedra. Visitamos o de Sara na parroquia de Marcón. Venden case dúas mil botellas de viño: clarete, tinto femia e mestura de uvas catalás.

Aínda que este ano poden elixir entre once tapas desde costela ata fabas, Juan tirou dos cinco clásicos: tortilla, orellas, zorza, ovos con patacas e de sobremesa queixo e marmelo.

Abren desde venres ata o domingo ao mediodía e o ambiente é festivo case sempre. Antes só viñan os da redonda pero os furanchos puxéronse de moda e xa se poden localizar por Internet ou nas aplicacións dos móbiles. Xa son ademais un reclamo turístico. 

A comida caseira e o viño son as escusas para xuntarse, falar e cantar. É un ambiente único que nada se pode comparar a un bar ou un restaurante. 

Logo de abertos poden seguir atendendo ao público durante tres meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar