Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a tempada de comercialización do pemento de Herbón

Comeza a tempada de comercialización do pemento de Herbón

Do 1 de maio ao 31 de outubro, a denominación de orixe auténtica poderá atoparse en todos os mercados

G24.gal 02/05/2022 14:16

Este domingo comezou oficialmente a campaña de comercialización do pemento de Herbón. Serán, coma sempre, 6 meses, ata o 31 de outubro, como establece o consello regulador da denominación de orixe, nos que estes pementos que xa comezan a asomar estarán no mercado.

Nese tempo compiten cos de todo o mundo, por suposto tamén cos que se venden como "tipo Padrón" e que baixan os prezos, que no caso dos de Herbón partirán coma sempre dos 6 euros pola bolsa de 400 gramos.

O primeiro que hai que ter claro son as diferenzas básicas que fan do pemento de Herbón o auténtico e orixinal que non admite comparación: tamaño, sabor, textura. O seu cultivo é lento, require de moito coidado e agarimo e depende moito da meteoroloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade