Cargando resultados...
Comeza a quecer o ambiente na Guarda para a final da EHF European Cup
Miriam Sempere: "Non o agardabamos e chegou este premio. Temos que ser capaces de gozar del e deixalo todo na pista"
G24.gal
26/04/2023 21:09
O vindeiro domingo o Mecalia Guardés ten unha cita coa historia. As de Ana Seabra xogarán a súa primeira final europea. Unha final ante o Antalya turco a dobre partido. A ida será este domingo na Sangriña, coas cámaras da Galega. A volta, a fin de semana seguinte en Turquía. As xogadoras do Guardés reciben esta final coma un premio e loitarán por gañala.