Cargando resultados...
Claudio: “Evidentemente hai xogadores que en Anoeta van ir máis xustos"
O porriñés chegará en Anoeta aos 50 partidos co primeiro equipo do Celta
G24.gal
12/05/2025 15:28
Última actualización 12/05/2025 15:37
Claudio Giráldez confesou que o desgaste físico de ter que xogar toda a segunda parte do partido contra o Sevilla cun futbolista menos, pola expulsión de Marcos Alonso, “non é o ideal” para preparar a visita ao Reale Arena, aínda que el está convencido de que sacarán un once competitivo.
“Evidentemente hai xogadores que van ir máis xustos, pero temos un equipo longo e con todo o mundo enchufado para estar noventa minutos ao máximo nivel físico”, apuntou Giráldez.
Claudio chega en Anoeta aos 50 partidos co primeiro equipo do Celta
"Pasou rapidísimo, diría que levo 30".
"Moi contento e orgulloso de formar parte deste proxecto".
Marcos Alonso non poderá xogar por sanción.