Publicador de contidos
Publicador de contidos

Combarro reivindica un Cristovo Colón galego e de Poio

Combarro reivindica un Cristovo Colón galego e de Poio

A vila celebra a festa na honra do navegante, cartógrafo e historiador con obradoiros, bailes e xustas medievais

G24.gal 11/05/2024 20:31 Última actualización 11/05/2024 21:12

Combarro vestiuse de época para celebrar a décima edición da Festa de Colón cunha intención moi clara.

"A intención desta festa foi reivindicar a teoría do Colón galego, de Pontevedra, de Portosanto. No noso concello defendemos esa teoría e destacamos que toda a toponimia da ría coincide", explica o alcalde de Poio, Ángel Moldes.

A zona histórica encheuse de actividades: bailes, xustas medievais e obradoiros.

"Somos a asociación Ulf Klan, de recreación histórica e estamos a celebrar este día de troula facendo forxa, combatindo e compartindo os nosos coñecementos de armas medievais e combate".

Nenos e maiores gozaron cunha celebración á que non faltou ninguén, empezando polo almirante homenaxeado e a raíña Isabel a católica.

"Convidamos a todo o mundo a vir ás próximas edicións da festa de Colón para pasalo moi ben".

"Viva Colón. Isabel a Católica está en todas partes".

A  festa continúa pola noite con espectáculos musicais e xogos malabares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade