Cargando resultados...
Coma se os coches falasen: Museo de Automoción e Historia
Abriu en decembro en Arteixo, con 300 vehículos nunha superficie de 15.000 metros cadrados
Amosa a historia da automoción e da humanidade en xeral, dende 1886, centrándose no século XX
G24.gal
13/01/2024 15:30
Última actualización 12/01/2024 22:08
Sen levar sequera un mes aberto, xa recibiu visitantes chegados de puntos de toda a península, que nalgúns casos mesmo viaxaron ata Arteixo a propósito para velo. Falamos do Museo de Automoción e Historia, que ofrece un paseo polos erros e os progresos do século XX a través de 300 vehículos. A Fundación Jorge Jove, que leva 40 anos reunindo a colección, di que o obxectivo é espertar no visitante inquietudes e emocións.