Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colocan trampas na montaña lucense para tratar de controlar a praga da rata toupa

Colocan trampas na montaña lucense para tratar de controlar a praga da rata toupa

No monte Oribio os comuneiros cazaron 900 exemplares en dous meses

Félix Aragunde 19/05/2023 14:01

As ratas toupa non se ven na superficie, pero escavan galerías baixo a terra ata acabar cos prados. Para tratar de controlar a súa poboación, os gandeiros da montaña lucense organizáronse en cuadrillas e colocaron trampas subministradas polo Medio Rural.

Desta forma, só no monte Oribio os comuneiros lograron atrapar máis de 900 exemplares en dous meses.

Javier Campo, gandeiro: "Unhas 900 ou mil, collemos. Nesta época, coa herba alta, non podemos seguir poñendo trampas, pero elas seguen aí".

José Manuel Veiga, presidente dos comuneiros de San Cristovo de Lóuzara: "O tipo de trampas que nos deixaron están dando resultados, pero con moito traballo. Hai que botar moito tempo para collelas".

Cóntanse por centos as explotacións afectadas pola proliferación de ratas toupa, con perdas económicas millonarias. Para erradicala, dende o sector reclaman o estudo de solucións que consigan libralos desta praga.

Miguel Tomé, Unións Agrarias: "A instalación de trampas non é a solución para un problema cun nivel de afectación tan alto. Pode axudar só cando xa estea a praga controlada. Capturar mil exemplares non serve para nada, tal como se reproduce a rata toupa".

José Manuel Veiga, presidente dos comuneiros de San Cristovo de Lóuzara: "Segundo din, cada rata pode chegar a traer 130 crías ao ano. É unha invasión que devora a raíz, co cal a herba termina secando".

Javier Campo, gandeiro: "Ímolas controlando con trampas, pero non as damos erradicado. Non sabemos que medidas van tomar ou que vai pasar".

Na zona afectada pola praga contan por milleiros as hectáreas estragadas pola rata toupa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos