Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dos catro grandes xogará en Ourense e podería haber derbi entre o Celta e o Deportivo

Un dos catro grandes xogará en Ourense e podería haber derbi entre o Celta e o Deportivo

O martes celebrarase o sorteo da seguinte eliminatoria da Copa do Rei, que se xogará no mes de decembro

Barcelona, Real Madrid, Athletic ou Atlético de Madrid xogarán no Couto

O Deportivo enfrontarase en Riazor a un equipo de Primeira División e podería haber derbi co Celta

G24.gal 05/12/2025 09:23

Rematou a segunda eliminatoria da Copa do Rei e xa se coñecen os bombos para o sorteo da terceira eliminatoria.

Un dos equipos que agarda esa cita do martes con impaciencia é o Ourense Club de Fútbol que garante un adversario da Supercopa. O Real Madrid, o Barcelona, o Atlético de Madrid ou o Athletic visitarán o Couto nunha data que quedará para a historia do cadro ourensán.

Os outros equipos que poden ter esa sorte son o Atlético Baleares, o Eldense, o Talavera, o Murcia e o Guadalaxara. 

Da Segunda División hai nove equipos. Todos eles terán rivais de Primeira. Habería a posibilidade dun derbi galego entre o Deportivo e o Celta. O partido xogaríase en Riazor. Os outros posibles rivais do cadro coruñés son o Valencia, o Sevilla, o Raio, o Vilarreal, o Betis, o Elxe, o Levante, a Real Sociedade, o Xetafe, o Osasuna, o Alavés ou o Mallorca. 

Quen ten máis aberta o abano de rivais é o Celta. Podería tocarlle un equipo de Primeira Federación (hai dous equipos do bombo no que vai estar o Celta que terán esa sorte), ten moitas opcións de xogar contra un de Segunda División e mesmo pode enfrontarse a un rival de Primeira División porque haberá unha eliminatoria na que se enfronten dous conxuntos da máxima categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade