Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colapsa a cheminea dunha nave abandonada no centro de Cambados

Colapsa a cheminea dunha nave abandonada no centro de Cambados

A fábrica leva máis de 20 anos pechada e en estado de abandono

Agora o que reclaman os veciños é que os propietarios limpen a parcela

Aspecto que presentaba o mércores a cheminea cando os veciños alertaron da súa deterioración
G24.gal 06/02/2026 13:08

Encarnita e Moncho non lle quitaban ollo á cheminea da antiga fábrica de Alimentos Arosa desde que o luns detectaran que a estrutura se inclinara máis e as fendas aumentaran de tamaño. O mércores xa advertían do risco de derrubamento da cheminea e o perigo que supoñía para eles.

E como se di popularmente: "Meu dito, meu feito". Onte ao mediodía a cheminea colapsou. Por sorte, caeu dentro do predio da fábrica e non houbo danos persoais nin materiais nas propiedades contiguas.

A fábrica leva máis de 20 anos pechada e en estado de abandono. Agora o que reclaman os veciños é que os propietarios limpen a parcela, porque a maleza invade as súas hortas e con ela as ratas e outra bichería. Agardan tamén que se lle dea algún uso a este predio, porque consideran que afea a contorna do centro histórico da vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade