Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Código emperador', de Jorge Coira, inaugura o Festival de Málaga

'Código emperador', de Jorge Coira, inaugura o Festival de Málaga

Abre a edición 25 o vindeiro 18 de marzo, data na que tamén chega ás salas de cine

É un thriller con Luis Tosar como protagonista

G24.gal 01/02/2022 13:42

O novo filme de Jorge Coira, Código emperador, participado pola TVG, vai inaugurar a edición número 25 do Festival de Cine de Málaga. 

É a primeira vez que unha produción con director galego dá comezo ao festival de cine español. Será o vindeiro 18 de marzo, o mesmo día que o filme chega ás salas de cine. Trátase dun thriller ambientado nas altas esferas do poder e da espionaxe con Luís Tosar como protagonista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade