Claudio lémbrase da familia e da canteira un día antes dun partido "para gozar"
Para o técnico do Celta, o partido ante o Stuutgart é dos "máis difíciles"
Os celestes volven a Europa acompañados de 1.200 afeccionados
O Celta chegou a Alemaña para volver disputar competición europea oito anos despois. O adestrador céltico, Claudio Giráldez, e o capitán, Iago Aspas, único sobrevivente da última fazaña europea, falaron en conferencia de prensa antes do debut en Europa League contra o Stuttgart. Claudio lembrouse da familia.
"Lémbrome do meu pai, o meu tío, que non o poden ver, a miña nai, as miñas fillas... O importante é ter a sensación de gozar co que vén"
Os celestes volven a Europa con ilusión, e fano acompañados de 1.200 almas que se desprazaron desde Vigo ata Alemaña de todas as formas posibles, algo que agradece Iago Aspas.
"A afección é moi importante para nós, e máis neste primeiro desprazamento europeo despois de tantas tempadas. Os xogadores notámolo no partido e no día a día. Queremos darlles esa pequena alegría para que se vaian ás súas casas contentos
O rapaces de Claudio Giráldez buscarán a súa primeira vitoria no Mercedes Benz Area este xoves desde as 21.00 horas.