Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez, optimista malia a derrota: "Animádevos, que temos unha oportunidade brutal"

Claudio Giráldez, optimista malia a derrota: "Animádevos, que temos unha oportunidade brutal"

O técnico amósase orgulloso do seu equipo: "Isto é deporte, cando o rival acerta e ti non..."

Claudio confía no seu equipo de cara á última xornada: "Estou tranquilo e orgulloso de que o meu equipo siga xogando igual"

"Xogamos a última xornada indo sétimos, dependendo de nós para estar na Europa League"

G24.gal 18/05/2025 22:00

Claudio Giráldez compareceu animado á salda de prensa de Balaídos tras o Celta-Raio Vallecano. Malia a derrota, con remonta incluída dos vallecanos, que os deixa a un punto dos vigueses de cara á última xornada, o técnico foi claro: "Isto é fútbol. Cando o rival acerta e ti non, pois perdes... Pero eu estou orgulloso do meu equipo, de que siga xogando igual".

A situación é peor que antes desta xornada, cando abondaba un empate. Agora o Celta terá que gañar en Xetafe para asegurar a praza europea, ou agardar que non o faga Osasuna, ou que perda o Raio nesa última xornada para manter ese sétimo posto. Unha derrota ou mesmo un empate poderían condenar os vigueses ao noveno posto, e quedarían fóra de Europa. Pero Claudio está moi tranquilo: "Estou tranquilo, porque temos unha oportunidade brutal de xogar a última xornada como sétimos, dependendo de nós mesmos para estar na Europa League. Estou moi tranquilo, asinaba chegar así hai tres semanas".

Con todo, o técnico entende o celtismo e a decepción que supuxo non asegurar o billete nesta xornada: "Tiñámolo preto, pero anímoos a que sigan animando, como hoxe. Anímovos tamén a vós, que vos vexo desanimados", concluíu o preparador.

Pola súa banda, os xogadores estaban algo máis decepcionados tras o partido, pero compartindo o optimismo do míster: "É unha noite difícil", dicía Borja Iglesias, "tiñamos todos moita ilusión no partido. Pero estamos nunha situación inmellorable, temos todas as opcións no partido que vén e imos por iso".

Pablo Durán estaba algo máis triste: "Fixemos moitas cousas ben, cometemos algún erro que nos custou caro. Xogamos ben, tivemos ocasións para levar o partido e estamos tristes por non conseguilo".

Javi Rodríguez pensa: "Vai ser un partido moi bonito, imos intentar sacar a matrícula de honra, como di o míster. Imos alí a desfrutar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos