Claudio Giráldez, líder da Primeria RFEF: "Contento de ser un equipo moi galego, moi arraigado"
Se o día de mañá o Celta precisa un novo adestrador, el afirma que "está preparado"
Se o sábado o Celta tropeza ante o Granada, Rafa Benítez quedaría nunha situación moi comprometida, e se hai que pensar nun sucesor no banco, a opción de Claudio Giráldez gaña peso.
"Non depende de min, axudo a que o club vaia mellor. Son celtista e gustaríame chegar ao primeiro equipo".
O adestrador do Celta Fortuna está en boca de todos polo seu éxito co filial. Giráldez postúlase. Se o día de mañá o Celta precisa un novo adestrador, el está preparado.
Vai líder de Primeria RFEF pero o legado de Claudio é a formación. Por distintos motivos contou con arredor de 27 xogadores no que vai de temporada, chegando a sair ata con dez galegos no once titular.
"Contento de ser un equipo moi galego, moi arraigado".
A situación deportiva deixa a incógnita de que será mellor para Sotelo, Miguel e Carlos, os tres galegos con ficha do B. Agardar a ter minutos, volver xogar co filial ou saír cedidos.