Claudio Giraldez: "Íker Losada pasou a noite con gastroenterite e tivemos que trocar o plan"
O técnico vigués analizou para o Galicia en goles a derrota no Cerro del Espino

Nunha das últimas xogadas e a balón parado. Así foi a fin do Celta B na súa visita ao Raio Majadahonda, na derrota dos de Claudio Giraldez por un a cero, que creba unha boa xeira de resultados do filial celeste. O campo, as baixas e ese acerto no xogo aéreo foron as chaves do partido para o técnico porriñés
"Partido moi disputado, con dous equipos semellantes, que tratan ben o balón. O rival tivo máis o balón no seu campo. Temos achegamentos, o man a man de Miguel. O balón parado foi decisivo. O partido estivo condicionado co campo, que non deixaba estar fluídos. Debemos aprender desas xogadas, que tivemos que cortar antes. Démoslles de xantar e eles aproveitaron. Íker Losada pasou toda a noite con gastroenterite e tivemos que trocar o plan. Tentamos aguantar o troco de Miguel ata o final para ter folgos".