Claudio Giráldez: "É difícil soñar cunha estrea mellor"
O técnico de Porriño comezou a andaina no Celta cun triunfo no Pizjuán, mandando no partido e xerando innumerables ocasións de gol
Claudio Giráldez estreouse ao grande na Primeira División. Gañou no campo do Sevilla por 1-2 e mudou de xeito total a imaxe do Celta. Pasou de ser un equipo que se baseaba na solidez defensiva a ser un conxunto proactivo e que foi en todo momento á procura do gol. Tivo un 65 % de posesión (75 % na primeira parte) e executou 18 lanzamentos a portería. Outro dato interesante da estrea do porriñés foi o número de faltas que cometeu o equipo, tan só seis.
"É difícil soñar cun escenario mellor e dando unha mellor imaxe".
"Deseñamos un partido de xeito valente".
"Metemos cinco canteiráns no equipo e hai que darlle os parabéns a Damián pola estrea en Primeira".
"Noto o ararimo da xente e dáme moita forza".
Hugo Sotelo estaba na mesma liña que o seu adestrador. O vigués foi titular e asegurou que "polo equipo que temos pode que nos sintamos máis cómodos con Claudio que con Benítez".