Claudio Giráldez: "Un partido para aprender"
O adestrador responsabilízase da derrota viguesa en Bulgaria
Non se quere escusar nas rotacións para xustificar o resultado
O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, analizou a derrota celeste en Bulgaria:
"Cando baixas un un por cento... O rival fíxonos demasiado perigo. Non estivemos atinados. Encaixamos tres goles e no descanso falamos que nós podíamos meter dous o tres goles e non encaixar".
"A responsabilidade é miña. Non estivemos atinados no press. Na segunda parte estivemos mellor pero chegaron dúas veces e meteron dous goles en accións corrixibles".
"Sorprendeunos o Ludogorets con eses dous falsos puntas porque son máis interiores habitualmente. Aínda así, se imos ás oportunidades, creo que nós xeramos máis ocasións",
"Cando gaño, acerto, e cando perdo, fallo. Algunha das rotacións foron por razóns físicas: Radu, Starfelt, Marcos Alonso, Iago... Williot e Hugo chegaban moi xustos polas lesións. A xente quixo, pero conectámonos tarde ao partido".
"Moi ben nos vai se consideramos que perder un partido en Europa é unha celtada. Orgulloso do que o equipo tentou no partido, pero ás veces non gañas".
"Un partido para aprender".