Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez deulle ao equipo o pulo que precisaba

Claudio Giráldez deulle ao equipo o pulo que precisaba

Desde a chegada do porriñés, o equipo gañou cinco dos nove partidos e atopou un estilo de fútbol co que se sentía máis cómodo

Benítez lograra cinco vitorias nas 28 xornadas que dirixiu o equipo

G24.gal 19/05/2024 23:49

A unha xornada para o final do campionato, o Celta conseguiu a permanencia. Era o obxectivo marcado pola directiva cando decidiron cambiar a Rafa Benítez na xornada 28 logo de caeren derrotados no Bernabeu contra o Real Madrid. 

Desde a chegada de Claudio Giráldez a mellora foi clara. Gañaron en nove partidos tanto como Benítez nos outros 28. O Celta sumou cinco triunfos nestas nove xornadas, 16 puntos de 27 posibles. Bos números para un equipo que se atopou máis cómodo co cambio de modelo que propuxo o adestrador porriñés. 

"Toca gozar de ter conseguido o obxectivo. O equipo cre no que facemos, a aposta valente do club saíu ben e agora hai que pensar no proxecto da vindeira temporada, estar un pouco máis tranquilos e non sufrir cada fin de semana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade