Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cisne e Novás comezan este sábado a fase de ascenso á Asobal

Cisne e Novás comezan este sábado a fase de ascenso á Asobal

G24.gal 09/03/2022 11:46

Cisne Los Sauces e Acanor Novás comezan esta fin de semana a fase de ascenso á Asobal.

Unha fase que é outra liga. Cisne con grandes posibilidades. Empeza esta parte do campionato como líder. Máis difícil a situación do representante do Baixo Miño.

Seguimos a este estudante do Grao en Administración e Dirección de Empresas, unha das grandes xoias do balonmán español. 20 anos. Quizais un dos xogadores máis cotizados do mercado e que segue sen decidir o seu futuro.

Brilla nas categorías inferiores da selección española.  É o segundo máximo goleador da divisón de prata do balonmán. E para esta temporada ten un desafío.

Esta fin de semana comeza a segunda fase da Liga co Cisne líder na clasificación do grupo do ascenso. Un soño para un club coa firme idea de volver celebrar dentro duns meses o retorno á Asobal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade