Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cisne loitará en Burgos por lograr o regreso á Liga Asobal

O Cisne loitará en Burgos por lograr o regreso á Liga Asobal

Mateo Arias: "Case non hai favoritos, está igualado. A dous partidos todo pode pasar"

G24.gal 23/05/2024 11:39 Última actualización 23/05/2024 11:47

Co Balonmán Guadalaxara xa ascendido de forma directa á elite, como campión da categoría, esta fin de semana catro equipos pelexarán pola outra praza de ascenso directo: UBU San Pablo Burgos, Club Cisne Colexio Os Sauces, IDE Energy Caserío de Cidade Real e Tubos de Aranda Villa de Aranda.

Para iso, o Cisne tivo que dobregar a domicilio ao Guadalaxara campión (34:30) e asegurou así a súa presenza o playoff de ascenso, desde a súa sexta praza.

Mateo Arias: "Case non hai favoritos, está igualado. A dous partidos todo pode pasar".

"A presión é para outros equipos".

Subcampión de Liga, pola súa banda, finaliza, Barça Atlètic, que non ten posibilidade de ascender porque ten ao primeiro equipo na máxima competición nacional pero que logrou unha vitoria ante Unión Financeira Base Oviedo (28:24), que fixo ao combinado asturiano perder varios postos na táboa, caer á décimo cuarta praza e, polo tanto, descender de forma directa a Primeira Nacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade