Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco persoas quedan feridas nunha nova pelexa na noite monfortina

Cinco persoas quedan feridas nunha nova pelexa na noite monfortina

A finais de setembro feriron gravemente unha muller

G24.gal 07/11/2021 12:58

Cinco persoas quedaron feridas nunha nova pelexa de madrugada na rúa dos pubs en Monforte de Lemos. Foi contra as cinco da madrugada do venres nas inmediacións da rúa Duquesa de Alba.

Non se coñecen as causas, pero si que na liorta chegou a participar un número importante de persoas. Cinco dos partipantes precisaron asistencia sanitaria.

É o segundo incidente grave deste tipo e na mesma zona desde finais de setembro. Daquela unha muller resultara ferida de gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar