Cinco estudantes ourensáns quedan nos primeiros postos da Olimpíada Galega de Química
O alumno do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense Martín Padrón foi o mellor na proba dentro da demarcación da Universidade de Vigo
Os alumnos do IES Otero Pedrayo Leila Durán, Marcos Barandela e Iria Añel obtiveron a segunda, quinta e sexta posición
Cinco estudantes de institutos ourensáns quedaron entre os seis primeiros postos da 39 edición da Olimpíada Galega de Química dentro da competición da demarcación da Universidade de Vigo. Os alumnos que se clasificaron nos tres primeiros postos das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña participarán en maio na fase nacional desta proba.
Martín estuda no instituto Eduardo Blanco Amor de Ourense. O seu di que son as matemáticas, pero foi o mellor na proba da Olimpíada Galega de Química no equipo da Universidade de Vigo. E non o esperaba.
Leila, Iria e Marcos estudan tamén segundo de bacharelato no instituto Otero Pedrayo de Ourense. Gústalles moito a química e na proba quedaron na segunda, na quinta e na sexta posición respectivamente.
En toda Galicia participaron 139 estudantes de 24 centros educativos, un reto persoal e din que é unha experiencia moi positiva.