Cargando resultados...
Chuvia de goles do Deportivo na Youth League (5-1)
G24.gal
03/11/2021 21:35
O Deportivo xuvenil impúxose ao Maccabi Haifa no partido de ida da segunda eliminatoria da Youth League. O equipo coruñés demostrou unha superioridade total e pasoulle por riba ao seu rival desde o primeiro minuto (5-1).
Nájera encamiñou a goleada cun temperán gol que serviu para acender ás máis de 12.000 persoas que se achegaron a Riazor. Antes do descanso o canario Yeremay transformaba un penalti que poñía o 2-0.

A segunda metade volveu comezar co Deportivo pasándolle por riba ao Maccabi. En dez minutos Teijo e Mella poñían o 4-0. Houbo que agardar ata os últimos minutos para ver máis goles. Nun grave erro defensivo os israelís recortaban diferenzas, pero un minuto máis tarde Baldomar poñía o definitivo 5-1.