Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cheiro pestilente a carón da captación de augas da traída de Lalín

Cheiro pestilente a carón da captación de augas da traída de Lalín

Operarios de Aquadeza traballaron estes días na reparación do sumidoiro

Imaxe deste martes na Ponte Nova de Lalín, onde persistía un intenso fedor a augas fecais
G24.gal 26/04/2023 13:56

Un problema de canalización na rede de sumidoiros preto do polígono industrial de Botos, en Lalín, está a orixinar un cheiro pestilente na área onde se localiza a instalación da captación de augas do fornecemento público.

Os veciños da zona din que o sofren máis ou menos dependendo de onde vén o aire.
Operarios de Aquadeza traballaron estes días na reparación do sumidoiro, pero hoxe a mañá persistía o fedor intenso xunto á base da Ponte Nova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade