Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis gandeiros súmanse á tractorada de Lugo contra o acordo con Mercosur e queiman palla ante institucións

Máis gandeiros súmanse á tractorada de Lugo contra o acordo con Mercosur e queiman palla ante institucións

Máis dun centenar de tractores están estacionados na rolda da Muralla e está previsto que cheguen máis para quedar "indefinidamente"

O presidente de Gandeiros Galegos da Suprema sinalou que o acordo da UE con Mercosur é unha "puñalada ao medio rural" 

Protesta de gandeiros ante a sede da Deputación en Lugo-EUROPA PRESS Protesta de gandeiros ante a sede da Deputación en Lugo-EUROPA PRESS
G24.gal 14/01/2026 09:40

Os gandeiros recruaron este mércores as protestas contra o pacto do UE con Mercorsur en Lugo, onde queimaron rolos de palla ante as sedes da Deputación, a Xunta e a Subdelegación do Goberno.

Nesta xornada, o colectivo Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles sumouse á protesta que xa secundaban Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, que levan concentrados na cidade de Lugo desde o pasado luns.

Sobre as 11:00 horas da mañá comezaron a chegar os manifestantes á sede da Xunta en Lugo, tal e como fixeron os últimos dous días, e fóronse sumando máis tractores aos que quedaron durante estes días na cidade aparcados no carril máis próximo á Muralla, en gran parte da Rolda.

Os momentos de máis tensión vivíronse cando se queimaron os rolos de palla, o primeiro ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia, o que obrigou a cortar o tráfico de novo nun amplo tramo da Rolda, creando de novo un caos de tráfico nas rúas adxacentes.

O segundo rulo queimouse ante a sede da Deputación, onde se estaba celebrando o pleno de toma de posesión da nova presidenta, Carmela López. Mentres o acto terminaba no interior, xusto na porta acenderon o lume o nutrido grupo de manifestantes que coreaba consignas en contra do acordo con Mercosur.

Adrián Riádigos, presidente da asociación Elas Eles, avanzou que o vindeiro domingo, día 18, prevén manifestarse de forma "pacífica" ás 12:00 horas ante a sede da Xunta para explicar á cidadanía o que o consumidor vai comer unha vez que se asine o acordo.

"Galicia non vai poder seguir sendo calidade, polo menos o lineal do supermercado, cando entre o produto de Mercosur", detallou.

Ademais, explicou que está prevista unha manifestación en Santiago de Compostela o próximo día 25, onde tamén se espera a chegada de tractores.

Os manifestantes queren lembrar que o maior prexudicado da situación é o consumidor, xa que se lles está dando vía libre aos fitosanitarios, "causantes de cancro" e ás hormonas, "que levan anos prohibidas en Europa".

Sobre as declaracións doutros sindicatos, como Unións Agrarias, que ven neste acordo "unha oportunidade", Riádigos trasladou que se trata dunha formación "amparada polo Partido Socialista" e que "nunca se poñerán en contra das súas decisións".

Din que os tractores quedarán "indefinidamente"

Durante a pasada noite decenas de tractores chegaron a Lugo. Quedarán “indefinidamente” na cidade, polo menos ata a fin de semana, para “subir a presión un pouco máis” nas protestas contra o tratado comercial da Unión Europea con Mercosur.

“Están a chegar máis tractores”, segundo confirmou a EFE o presidente de Gandeiros Galegos da Suprema, Santiago Rego, que “veñen de toda a provincia de Lugo”.

Imaxe dos tractores no centro de Lugo (Pedro Eliseo Agrelo Trigo/EFE) Imaxe dos tractores no centro de Lugo (Pedro Eliseo Agrelo Trigo/EFE)

A idea, sinalou, é “subir a presión un pouco máis”, porque consideran que este acordo é “unha puñalada ao medio rural” en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade