Chegan a Barcelona a nai e un irmán das mulleres paquistanís asasinadas
A muller agradece a axuda recibida en Paquistán e das autoridades locais
A nai da irmás asasinadas en Paquistán, presuntamente por familiares seus, chegou este domingo a Barcelona acompañada por un fillo menor.
Desde o aeroporto a muller agradeceu a axuda das autoridades. As súas fillas residentes en Terrasa viaxaron ao país asiático enganadas por membros da súa familia para obrigalas a comezar os trámites necesarios para que os seus maridos viaxaran a España.
Os investigadores apuntan ao que se chama un crime de honor, as dúas mozas querían divorciarse dos seus curmáns tras un matrimonio forzoso. Seis familiares das vítimas permanecen baixo custodia policial.
A nai e o fillo non volverán a Terrasa, onde vive o pai, e van ser aloxados nun piso en Barcelona, onde recibirán protección.