Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega o momento dunha xeración de rapaces que acenderon a ilusión do deportivismo

Chega o momento dunha xeración de rapaces que acenderon a ilusión do deportivismo

Haberá case vinte mil espectadores en Riazor

Foto @RCDeportivo
G24.gal 09/02/2022 16:44

É o momento dunha xeración de futbolistas que acenderon a ilusión do deportivismo. É o momento do Deportivo xuvenil. Hoxe o Dinamo de Kiev. Co alento de case vinte mil espectadores en Riazor. Noventa minutos que marcan o acceso á auténtica Champions da categoría.

Nunca o xuvenil deportivista se viu noutra así.  Ilusión e confianza, malia o durísimo rival ucraíno, como reflicte Óscar Gilsanz, o adestrador que o fixo campión o ano pasado.

Outro gran Deportivo foi campión de España hai vinte e cinco anos, pero poucos chegaron ao primeiro equipo. Un deles foi Dani Mallo, que prevé máis oportunidades para os rapaces desta volta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos