Cestas de Nadal diferentes: dende unha carretilla ata un cadaleito
Cestas de Nadal diferentes: dende unha carretilla ata un cadaleito
Cincuenta euros en combustible e o último en tecnoloxía, nas cestas de Nadal máis orixinais de Galicia
Son moitos os negocios que nestas datas sortean cesta de Nadal, pero a orixinalidade dalgúns non pasa inadvertida.
No concello ourensán do Pereiro de Aguiar un hostaleiro decidiu, vai xa para oito anos, que a mellor embalaxe era unha carretilla.
Dentro, ademais de produtos propios destas festas, atopamos mesmo 50 euros en combustible.
E como isto xa non é novidade para os clientes, este Nadal quixo ir máis alá e tamén sortea un palé cheo de produtos como caixas de aceite, bebidas ou xamón, valorado en mil euros.
En Barbadás, unha funeraria decidiu que a mellor cesta, no seu caso, é un cadaleito, iso si, cheo de todos os clásicos de Nadal e o último en tecnoloxía.