Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cervo acolleu a gravación do anuncio da lotaría de Nadal

Cervo acolleu a gravación do anuncio da lotaría de Nadal

O faro de San Cibrao foi o lugar que facilitou a elección do concello mariñán

Os veciños esperan que o anuncio dea pulo ao turismo

G24.gal 23/10/2022 20:58 Última actualización 23/10/2022 21:41

O faro de San Cibrao foi o elemento que levou os autores do anuncio da lotaría de Nadal deste ano a escoller Cervo como a localidade protagonista do anuncio. Tamén axudou o mar, o porto e as rúas da vila. Unha elección do máis inesperado pero que se agradece polo que pode supoñer para o concello.

O anuncio tamén se rodou en dous negocios da vila como este local de hostalería. O seu propietario tampouco o cría cando contactaron con el pero coincide en que a gravación será un importante pulo para o turismo.

Para a gravación do anuncio foi preciso cortar varias rúas de San Cibrao durante horas, pero os veciños entendérono perfectamente. O contido do anuncio é un segredo mesmo para os que presenciaron a gravación. O único seguro é que volverá saír o famoso calvo da lotaría.

En apenas dúas semanas xa se comezará a ver o anuncio en diferentes canles de televisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade