Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas concéntranse en Lugo contra o asasinato de Cristina Cabo

Centos de persoas concéntranse en Lugo contra o asasinato de Cristina Cabo

O acto convocouno a Plataforma Feminista, da que a muller formaba parte

G24.gal 01/12/2022 20:09 Última actualización 01/12/2022 21:36

Centos de persoas concentráronse esta tarde na Praza Maior de Lugo en repulsa polo asasinato de Cristina Cabo Buján.

O acto de protesta foi convocado pola Plataforma Feminista de Lugo, unha organización da que a vítima era membro activo.

Na concentración participaron representantes políticos de todas as forzas da cidade coa alcaldesa á cabeza. Lara Méndez quixo poñer o foco nos agresores e instou as mulleres e a sociedade a seguir loitando contra a violencia machista.

"As mulleres somos libres e debemos poder exercer a nosa liberdade sen medo. E, para iso, debemos ser contundentes e actuar contra todo tipo de violencias machistas desde todos os ámbitos, desde a educación e a concienciación social, coa lexislación na man e coas forzas de seguridade".

A xente encheu boa parte da praza onde se sitúa a sede do consistorio local e chegou mesmo a ocupar a rúa da Raíña.

Os asistentes, que corearon proclamas como "autodefensa feminista", gardaron un minuto de silencio en memoria de Cristina Cabo e leron un texto en que lembraron a súa implicación na vida da cidade e en causas sociais.

O asasino confeso de Cristina Cabo pasará hoxe a súa primeira noite no cárcere de Bonxe. O xulgado de instrución número 1 de Lugo decretou para el prisión sen fianza.

Na tarde deste xoves, varios veciños intentaron agredir o acusado cando saía do piso da vítima. Acudira alí coa policía para a reconstrución dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos