Cen mozos pasan unha semana desconectados para estudar os efectos da desconexión dixital
Os participantes padeceron ansiedade e dependencia e tamén recuperaron as relacións familiares e hábitos de lectura
Iso é o que quixeron comprobar os promotores dun estudo emprendido pola Universidade de Málaga: o grao de dependencia dos dispositivos móbiles, neste caso, da xente nova. Cen mozos e mozas de 15 a 24 anos pasaron una semana desconectados.
Os participantes no estudo dixeron sentir problemas de ansiedade, inseguridade e dependencia, pero algúns si recoñeceron sensacións positivas de liberación e de maior concentración nas relacións familiares. Tamén mellorou o seu rendemento académico e recuperaron o costume de ler libros.
Os profesionais da saúde mental insisten na prevención e na educación, dado que o 70 % destas patoloxías aparecen antes da idade adulta. Nos últimos dous anos, España é o primeiro país do mundo en consumo de ansiolíticos.
Normalizar o coidado da saúde mental e buscar a axuda experta é fundamental porque sen saúde mental non hai saúde.