Publicador de contidos

Publicador de contidos

Heroica vitoria do Celta que derrotou 2-1 ao Lille xogando con dez durante unha hora

Heroica vitoria do Celta que derrotou 2-1 ao Lille xogando con dez durante unha hora

O Celta xogou con dez xogadores desde o minuto 27 pola expulsión de Hugo Sotelo

Starfeld fixo o 2-0 á saída dun córner cando o Celta xogaba en inferioridade 

O Celta suma 12 puntos e métese na seguinte fase ​​

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 22/01/2026 18:40 Última actualización 22/01/2026 23:05
O Celta comezaba con cinco cambios con respecto ao partido ante o Raio: Rueda, Miguel Román, Iago Aspas, Borja Iglesias e Swedberg por Carreira, Ilaix, Hugo Álvarez, Pablo Durán e Bryan Zaragoza.
 
Os dous conxuntos chegaban coa mesma urxencia de vitorias, empatados na clasificación con nove puntos.
 
Non puido comezar mellor o partido para os de Giráldez. Aos 36 segundos, Williot aproveitou un grave erro do central brasileño Alexsandro para facer o 1-0.
 
O Celta era claro dominador, Iago Aspas gozou dunha boa ocasión cun lanzamento desde fóra da área que atallou o porteiro do Lille.
 
Seguía o dominio dun Celta que no no minuto 20 facía o 2-0, gol de Borja Iglesias anulado polo VAR por un fóra de xogo moi axustado.
 
Pero o partido mudou no minuto 27 co cartón vermello directo a Hugo Sotelo por unha dura entrada a Mandi. O Celta logrou aguantar coa porta a cero ata o descanso.
 
Claudio Giráldez fixo trocos no descanso. Entraron Pablo Durán e Sergio Carreira por Iago Aspas e Borja Iglesias. A primeira ameaza do Lille chegou no minuto 54 cun lanzamento seco e duro de Broholm que marchou fóra por ben pouco.
 
Con todo, a mellor ocasión chegaría cinco minutos despois cunha gran parada de Radu a lanzamento de Giroud.
 
O Celta estaba pechado e saía no contragolpe. Pablo Durán logrou provocar un córner que aproveitaria Starfeld. Cabezazo imperial do central sueco, que libre de marca remata de forma violenta un lanzamento fantasticamente botado por Román. Era o 2-0 no minuto 69.
 
Intentouno o Lille, pero o Celta mantiña un altísimo nivel de concentración en defensa. Pero a catro minutos de final Giroud aproveitou a ocasión máis clara dos franceses.
 
Aí morreu o partido. O Celta suma 12 puntos e métese na seguinte fase. O seguinte partido será en Belgrado.
 
 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade