Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Marcos lanza o Celta Fortuna na clasificación (2-0)

Óscar Marcos lanza o Celta Fortuna na clasificación (2-0)

A Ponferradina tivo máis oportunidades no partido de Balaídos pero o canteirán celeste encamiñou o triunfo cun gol a quince minutos do final

G24.gal 23/11/2025 13:25 Última actualización 23/11/2025 14:04

O Celta Fortuna afianza o seu posto en fase de ascenso grazas ao triunfo diante da Ponferradina (2-0) con goles de Óscar Marcos e Somuah. O primeiro gol, marcado no minuto 75, resultou determinante, cando máis apertaba o equipo visitante. 

Tivo o Fortuna unha gran ocasión ao pouco de comezar o partido cun remate de Hugo González que sacou o porteiro berciano. O primeiro cuarto de hora foi de dominio vigués pero a Ponferradina soubo repoñerse e pasou a controlar o encontro. No minuto 20 Frimpong gozou dunha gran ocasión despois dun agasallo de Borja Valle. 

O segundo tempo tamén comezou cun remate para o Celta protagonizado por Capdevila. Pero a Ponferradina estivo moi preto do gol en achegamentos de Borja Vázquez e Frimpong. No 25 do segundo tempo o cadro visitante pediu a revisión dunha xogada na área por manotazo de Milla pero o xogador celeste salvouse porque foi un segundo antes de poñer o coiro en xogo. A xusto na xogada seguinte Óscar Marcos rematou desde a frontal, tocou en Undabarrena, e acabou na rede. 

 

No último minuto de partido Somuah aproveitou unha contra para marcar o segundo gol cun remate axustado ao poste. Un triunfo que axuda a esquecer a contundente derrota en Tenerife. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade