CCOO entrega en Santiago os seus Premios 10 de Marzo pola defensa da clase obreira
Os sindicalistas Jaime Pereira e Josefina Piñón recibiron este recoñecemento, que recaeu tamén, a título póstumo, na escritora madrileña Almudena Grandes
Comisións Obreiras entregou este sábado en Santiago os seus Premios 10 de marzo.
Desta volta recoñeceron a traxectoria do sindicalista vigués Jaime Pereira, a ferrolá Josefa Piñón e a escritora madrileña Almudena Grandes, falecida no mes de novembro.
No acto participaron representantes políticos e sociais, entre os que estaban o secretario xeral de Comisións Obreiras, Unai Sordo, a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CCOO celebra en 2022 «50 anos na historia» e lembra que polos dereitos hai que loitar cada díahttps://t.co/hRJ1CQcsYn pic.twitter.com/c04KDHo4Kz
— S. N. de CCOO Galicia (@ccoogalicia) February 11, 2022