Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cazas británicos e alemáns interceptan un avión ruso preto de Estonia

Cazas británicos e alemáns interceptan un avión ruso preto de Estonia

A aeronave, dedicada á reposición de combustible, voaba de San Petersburgo a Kaliningrado

Foi escoltada polos cazas ao non responder as chamadas dos controladores de Estonia

G24.gal 15/03/2023 12:29

Avións militares do Reino Unido e Alemaña interceptaron preto do espazo aéreo de Estonia unha aeronave rusa dedicada á reposición en voo, nunha manobra realizada o luns, que transcorreu sen incidentes.

Segundo o Goberno británico, os cazas engalaron para escoltar a aeronave rusa despois de que esta non respondese as chamadas dos controladores estonianos. Trátase dun IL78 Midas que voaba desde San Petesburgo a Kaliningrado. Posteriormente, acompañaron un segundo avión comercial que voaba preto do espazo aéreo de Estonia.

O Ministerio de Defensa británico afirma que son operacións "de rutina" que se realizan baixo o paraugas da OTAN "nun momento de tensión" derivado da guerra de Ucraína.

Segundo o secretario de Estado das Forzas Armadas do Reino Unido James Heappey, estas operacións demostran a vontade dos Estados membros de responder ante "calquera potencial ameaza".

O incidente prodúcese despois de que un dron militar dos Estados Unidos fora derrubado no Mar Negro tras recibir o impacto dun caza ruso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade