Cargando resultados...
EUA convoca o embaixador ruso trala caída dun dron estadounidense no Mar Negro
O Pentágono acusa un caza ruso da caída do dron
Rusia di que o dron caeu só, por facer unha manobra brusca

G24.gal
15/03/2023 08:00
Última actualización 15/03/2023 08:57
Ecos da guerra fría, unha xornada máis, co pano de fondo da guerra de Ucraína. Elévase a tensión entre Rusia e os Estados Unidos despois dun incidente aéreo sobre augas internacionais do mar Negro.
O Pentágono asegura que un dron estadounidense se estrelou despois de bater contra un caza ruso, e os mandos militares norteamericanos culpan o piloto ruso do sinistro.
Os Estados Unidos convocaron o embaixador de Moscova en Washington por este motivo. O ministerio de Defensa ruso di que o dron se estampou por unha manobra brusca que fixo el mesmo, que os seus cazas non tiveron nada que ver.