Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cautela e sentido común é a receita dun experto pneumólogo ante a repunta da covid-19

Cautela e sentido común é a receita dun experto pneumólogo ante a repunta da covid-19

Xulio Ancochea lembra que hai que ter en conta o sufrimento dos dous últimos anos para actuar con prudencia

Este experto sinala que a pandemia significou un salto adiante en investigación médica e espírito colaborativo

G24.gal 07/05/2022 14:48 Última actualización 07/05/2022 15:12

Xulio Ancochea é xefe de pneumoloxía do hospital madrileño da Princesa e preside a Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA). El estivo en primeira liña da pandemia e sinala que a profesión médica gañou en experiencia canto a prevención, investigación e humanización nestes dous anos.

Ademais destaca o espírito colaborativo entre atención hospitalaria, primaria, enfermería e as administracións, que deu pé a un "nós" colectivo na profesión:

"Creo que é un bo xeito de abordar un problema conxugando a primeira persoa do plural, o nós. Foi durísimo. A primeira vaga foi como un tsunami que cambiou dalgún xeito para sempre as nosas vidas. E esforzámonos, pelexamos mañá, tarde e noite, estudamos coma nunca. Eu creo que da pandemia algo positivo sacamos dela: fíxonos mellores persoas".

Esa mirada panorámica sobre o pasado condúcenos a un presente cunha repunta da covid. Ante esta nova normalidade, Ancochea recomenda moita prudencia e que non esquezamos o sufrimento de tanta xente nestes dous últimos anos:

"Temos que ser cautos, ter ese sentido común nas nosas reunións onde non gardamos a distancia regulamentaria, onde se acumulan persoas, onde non hai unha ventilación axeitada. Aprendemos tanto, pasámolo tan mal que temos que recorrer, en todo caso, a ese sentido común".

Precisamente, o servizo de pneumoloxía do hospital da Princesa foi pioneiro nos estudos da covid persistente. Estímase que afecta a un 16 % dos que padeceron a enfermidade de forma aguda. Un dato máis para abundar na prudencia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos