Catro quintos premios deixan máis de 300.000 euros en Galicia
A sorte tamén chegou co 92.052, o 26.711, o 24.198 e o 89.109
Foi o premio máis madrugador, saía a escasos minutos de iniciarse o sorteo, ás 9:24, o 92.052, un número alto que levaba a ledicia ata A Coruña na administración La Suerte de Oza, e ao Porriño, que repartían cadansúa serie deste quinto premio. Na administración coruñesa cren que os afortunados son xente do barrio.
O segundo quinto premio que caia en Galicia viaxaba a Baiona. Alí repartiron dez décimos do 26.711. Media hora máis tarde a sorte volvía salpicar Galicia, agora na vila de Laxe onde repartiron dúas series do 24.198
Aquí cren que pode estar moi repartido entre os veciños e os turistas que veñen no verán.
Co último quinto premio que saia do bombo o 89.109, a sorte volvía a administracións do Porriño, pero tamén se repartiu en Carballo e Santiago.
Catro quintos premios que deixan na nosa comunidade máis de 300.000 euros.