Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro millóns de euros anuais para os GES da provincia de Ourense

Catro millóns de euros anuais para os GES da provincia de Ourense

A Xunta e a Deputación asinaron hoxe o convenio de colaboración que permitirá reforzar estes equipos con dezaseis novas contratacións e darlle estabilidade a esta rede de emerxencias

G24.gal 24/01/2022 14:28

A Xunta e a Deputación de Ourense destinan catro millóns de euros anuais ao mantemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, os GES. 

Refórzanse os equipos coa contratación de dezaseis efectivos máis para os doce grupos que hai operativos na provincia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacaba a estabilidade desta rede de emerxencias. 

"Se destinan 40.000 euros máis por agrupación para correxir os desequilibrios que había e aos concellos lles custe un pouco menos, cunha vixencia de tres anos que é a máxima, polo que se segue contribuíndo a estabilidade dun sistema que eu teño clarisimo que non vai desaparecer".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade