Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro galegas na selección española que buscará gañar o primeiro mundial de futsal

Catro galegas na selección española que buscará gañar o primeiro mundial de futsal

A ourensá Vane Sotelo, a nedesa Ale de Paz, a lazá Antía Pérez e a coruñesa Marta López, Martita, estarán ás ordes de Claudia Pons no mundial que comeza en Filipinas 

G24.gal 21/11/2025 16:49 Última actualización 21/11/2025 17:05

De teito en teito de cristal, así avanza a muller no deporte e así se constata dende hoxe nas Filipinas onde comeza o primeiro Mundial de fútbol sala feminino, reivindicación histórica das futbolistas.

O fútbol sala era o único deporte onde había mundial de homes pero non de mulleres. Si que se disputaba en porén o torneo continental europeo e nesa competición, gañada tres veces consecutivas pola selección española, sempre houbo unha determinante presenza galega, como a de Vane Sotelo.

En 2019 España conseguía o seu primeiro título europeo, primeiro tamén que se disputaba, coas galegas Sotelo, Lucía Gómez e Silvia Aguete no cadro de honra. Tres anos despois volvía gañar a Portugal na final e de reviravolta coa pontevedresa Aguete, indiscutible na portería, goles de Luci Gómez e a presenza debutante no combinado de Ale de Paz. A mesma nómina galega, á que se sumou Antía Pérez para derrotar a Ucraína en 2023 e poñer no camiño do inevitable un mundial feminino.

O que hoxe arranca en Filipinas despois de 35 anos de agarda e cun primeiro partido para España mañá no Grupo C. A chanzos, a pasos demorados pero firmes, con catro  galegas facendo historia alá por onde un día non se poñía o sol do imperio.

Outra poderosa armada galega embarcada na selección de Clàudia Pons: a ourensá Vane Sotelo, a nedesa Ale de Paz, a lazá Antía Pérez e a coruñesa Marta López, Martita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade