Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro falecidos en accidentes de tráfico en Galicia na primeira fase da operación de Nadal

Catro falecidos en accidentes de tráfico en Galicia na primeira fase da operación de Nadal

A DXT informou de dous falecidos na Coruña e un en Pontevedra e Ourense respectivamente

G24.gal 26/12/2023 13:04

Catro persoas morreron nas estradas galegas na primeira fase da operación de Nadal da Dirección Xeral de Tráfico, desde as tres da tarde do venres ata as doce da noite do luns.

No conxunto nacional, ata once persoas faleceron en accidentes de tráfico durante este período. O día máis sinistro foi o domingo, cun total de seis, seguidos do venres e o luns, ambos con dous, e o sábado. Tres dos once accidentes mortais ocorreron na provincia de Asturias, dúas na da Coruña e os demais nas de Badaxoz, Ourense, Valencia, Pontevedra, Almería e As Palmas.

A DXT preparou un dispositivo especial para os 19,7 millóns de desprazamentos previstos para o Nadal deste ano, cuxa segunda fase, con motivo do fin de ano, terá lugar entre o venres 29 de decembro e o luns 1 de xaneiro e a terceira, pola festa de Reis, desde o venres 5 ata o domingo 7 de xaneiro.

Como lembra a campaña de comunicación da DXT para estas datas: "Chegar tarde é mellor que non chegar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade